Seixo

Seixo é un proxecto de música electrónica experimental de Galiza. Dende a escena garage de UK ata as paisaxes ambientais ou as estruturas complexas, Diego Salgado e Bazait exploran aquelas músicas nas que as súas letras, maioritariamente en galego, encaixan para falar de temas tan humanos coma necesarios. 

En xuño de 2024 lanzan o seu primeiro sinxelo, “Présa”, e en febreiro de 2025 publican Coda, un EP composto de sete cancións que presenta un universo cheo de referencias musicais que van dende o triphop ate o drum&bass.

Síguenos nas redes sociais: